Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2021 Páx. 12378

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública sobre a modificación puntual número 5 do Plan xeral de ordenación municipal (expediente 2019/X999/001790).

O Pleno municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o 28 de decembro de 2020, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual número 5 do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) de Carballo en relación co Catálogo de protección do conxunto de hórreos, segundo a documentación técnica redactada polos arquitectos Sara Prieto Hortas (colexiada número 4754 COAG) e Rubén Santiago Tojo (colexiado número 5012 COAG).

O que se somete a información pública por un prazo de dous meses en cumprimento do artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e o 144 do Regulamento da dita lei, co fin de que as persoas que se consideren afectadas por ela poidan examinar o expediente e deducir, de ser o caso, as alegacións ou as observacións que xulguen oportunas.

Conforme o previsto no artigo 47.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o acordo de aprobación inicial da modificación puntual determina, en por si, a suspensión das licenzas nos ámbitos en que as novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente. Esta suspensión terá un período máximo de dous anos e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva. As áreas corresponden aos terreos en que se localizan os hórreos e construcións asimiladas que se incorporan no Catálogo de hórreos do PXOM vixente, así como a todos os terreos incluídos nos seus contornos de protección. As obras non afectadas pola suspensión corresponden aos seguintes casos:

– As obras de mantemento, conservación e reforma, salvo no caso de obras de rehabilitación integral que sexan equiparables á reconstrución total do edificio non xustificadas por razóns de urxencia ou que supoñan un aumento do volume edificado.

– As licenzas de primeira ocupación.

– Os proxectos que cumpran simultaneamente o instrumento de planeamento en vigor e a revisión ou modificación deste, sempre que esta fose aprobada inicialmente.

– Os actos suxeitos ao trámite de comunicación previa, sempre e cando se trate de obras ou actos para a implantación de usos ou actividades autorizados polo novo planeamento.

A totalidade do documento técnico e os trámites contidos no expediente poderán consultarse na Oficina Técnica municipal, das 10.00 ás 13.00 horas, e na páxina web do concello na seguinte ligazón:

http://carballo.org/urbanismo/planeamentodesenvolvemento.php?idioma=gl#ancla

Carballo, 22 de xaneiro de 2021

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde