Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2021 Páx. 12376

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 12 de febreiro de 2021, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se lles notifican a varias persoas os prazos de ingreso en período voluntario e en período executivo polos servizos sanitarios prestados nesta área sanitaria.

Por esta cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insire non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintos motivos para non recibiren as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria ES42 0081-5363-20-0001083113 do Banco de Sabadell nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se produza o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderase interpoñer no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).

Para que conste, sirva de notificación aos interesados, e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 12 de febreiro de 2021

Xosé Ramón Gómez Fernández
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

DNI/NIF/NIE

Concepto

Período

Débeda

077422817X

Fra. 202003183

12.5.2020

361,59

077422973M

Fra. 202004591

28.7.2020

361,59

077422973M

Fra. 202004592

28.7.2020

361,59

035458810D

Fra. 202005070

31.8.2020

268,34

Y5799991A

Fra. 202005585

30.9.2020

361,59

035480550Z

Fra. 202005605

2.10.2020

268,34

001983597P

Fra. 202006748

18.12.2020

82,66