Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2021 Páx. 12309

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira)

EDICTO (499/2019).

José Andrés Salgado Fernández, letrado da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, por este edicto,

Anuncio:

No recurso de apelación número 499/2019, seguido por instancia de Jawad Ahamdi, no que son parte apelada, a Subdelegación de Goberno de Lugo, ditouse a sentenza o 30 setembro de 2020, cuxo encabezamento e decisión son do seguinte teor literal: «O recurso de apelación número 499/2019, pendente de resolución ante esta sala, foi promovido por Jawad Ahamdi, representado polo procurador José Antonio Castro Bugallo e dirixido polo avogado Gerardo Pardo de Vera Posada, contra a sentenza número 228/2019, de data 14 de agosto de 2019, ditada no procedemento abreviado núm. 133/2019 polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo, sobre estranxeiría, sendo parte apelada a Subdelegación do Goberno en Lugo, representada e dirixida polo avogado do Estado. É relatora Blanca María Fernández Conde.

Decidimos. En atención ao exposto, a sala decidiu desestimar o recurso de apelación interposto pola representación legal de Hawad Ahamdi fronte á sentenza que o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo no procedemento abreviado 33/2019, dito, con data do 14 de agosto de 2019, desestimatoria do recurso contencioso-administrativo interposto fronte á resolución da Subdelegación de Goberno en Lugo, do 27 de decembro de 2018, desestimatoria do recurso de reposición interposto contra a ditada con data do 23 de outubro de 2018, que ordena a expulsión do cidadán de Marrocos Jawad Ahamdi do territorio nacional, con prohibición de entrada durante un ano que que se confirma. Con imposición de custas ao apelante na contía fixada».

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Jawad Ahamdi Mejia, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

A Coruña, 5 de febreiro de 2021

José Andrés Salgado Fernández
Letrado da Administración de xustiza