Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2021 Páx. 12310

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 812/2019).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 812/2019 deste xulgado do social, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación letrada da Administración de xustiza, Eva Ortiz Suárez.

A Coruña, 5 de febreiro de 2021.

Recibida a anterior dilixencia negativa de citación, únase aos autos e, unha vez descuberto domicilio na consulta efectuada nas bases telemáticas a que accede o xulgado, notifícase a Obras y Estructuras Estrucor Tres, S.L., que ditou auto con data do 3.12.2020, contra o cal poderá interpoñer o oportuno recurso de reposición no prazo de tres días. Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro das ditas resolucións na secretaría deste órgano xudicial.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se deberá interpoñer, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, ante a letrada da Administración de xustiza que dita esta resolución, con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Obras y Estructuras Estrucor Tres, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza