Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2021 Páx. 11578

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 442/2020).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 442/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sara Sobrido Martínez contra a empresa Joana Romano Lojo, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Resolvo.

Que, estimando parcialmente a demanda interposta por Sara Sobrido Martínez, representada e asistida pola letrada Sra. Liste López, contra Joana Romano Lojo, debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento da demandante efectuado pola demandada Joana Romano Lojo con data de efectos do 11.8.2020 e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Joana Romano Lojo a se ater á dita declaración, e a que readmita inmediatamente a traballadora demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a data de efectiva readmisión a razón de 35,35 euros diarios, ou ben, a elección da empresaria, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante dunha indemnización de 395,48 euros por despedimento improcedente. Así mesmo, condeno a demandada ao aboamento das custas procesuais, incluídos os honorarios do letrado da parte demandante, que se fixan no importe de 200 euros.

A opción da empresaria entre a readmisión da traballadora e a indemnización por despedimento improcedente deberase exercer no prazo de cinco días contados a partir da notificación da presente sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que a empresaria optase, entenderase que procede a readmisión.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Joana Romano Lojo, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza