ETX execución de títulos xudiciais 185/2020
Procedemento orixe: PO procedemento ordinario 725/2018
Sobre ordinario
Demandante: José Luis Piñeiro Pinto
Avogado: José Manuel Vales Raña
Demandados: Fogasa, Almacenes O Campo, S.C.
Avogado: letrado do Fogasa
Eu, Mª Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña), fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 185/2020, contra a executada Almacenes O Campo, S.C., foi ditado no día 3 de febreiro de 2021 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei da xurisdición social, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2021
A letrada da Administración de xustiza