Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2021 Páx. 11604

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación de Industrias del Metal y Tecnologías Asociadas de Galicia (Asime).

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos da Asociación de Industrias del Metal y Tecnologías Asociadas de Galicia (Asime).

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito profesional: poderán pertencer á asociación, como membros de pleno dereito, as empresas individuais e tamén poderán unirse as organizacións empresariais sectoriais de ámbito autonómico ou provincial que se dediquen ás actividades enunciadas no artigo 1 dos estatutos.

Asinantes: Alfredo Jorge Dias Razoes e Justo Sierra Rey.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2021

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais