Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2021 Páx. 11605

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 9 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución dun expediente sancionador por infracción da persoa traballadora ou asimilada, beneficiaria de prestacións por desemprego (expediente 21-08-2020/2.1.A).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de intentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícaselle á persoa traballadora ou asimilada, beneficiaria e solicitante de prestacións por desemprego que se sinala no anexo, a resolución do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no citado artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, fáiselle saber que a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderá interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), reclamación administrativa previa ante esta xefatura territorial, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra a resolución da reclamación administrativa cabe interpoñer recurso ante os órganos xurisdicionais da orde social, no prazo de dous meses seguintes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento e constancia do texto íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá presentarse ante esta Xefatura Territorial de Lugo, situada na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselle á persoa interesada de que, se non interpón o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Lugo, 9 de febreiro de 2021

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Persoa interesada

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

1

Gheorghe Gabor

21-08-2020/2.1.A

Resolución de procedemento sancionador

Castroverde