Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2021 Páx. 11607

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2020/0066-1 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución ditada nos correspondentes expedientes sancionadores.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, Consellería de Emprego e Igualdade, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, na rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírtese de que, de non interpoñeren recurso en tempo e forma, deberán aboar a sanción, utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:

– As sancións notificadas antes do día 15 de cada mes aboaranse antes do día 20 do mes seguinte da notificación.

– As sancións notificadas despois do día 15 de cada mes aboaranse antes do día 5 do segundo mes seguinte á notificación.

De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 10 de febreiro de 2021

O xefe territorial da Coruña
P.S. (Artigo 57.3 do Decreto 215/2020, do 3 de decembro)
Pedro Pablo Lorenzo Díaz
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica

ANEXO

Expediente

Acta inf. nº

Empresa

NIF

Concello

Materia

Data da resolución

RL 2020/0066-1

I152019000154204

Y1135564E

Cedeira

Relacións laborais

1.2.2021

RL 2020/0136-1

I152020000014036

32765642A

Culleredo

Relacións laborais

5.2.2021

RL 2020/0304-1

I152020000057785

Baires Coock, S.L.

B70590625

A Coruña

Relacións laborais

28.1.2021