Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2021 Páx. 11609

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada do procedemento correspondente ao expediente sancionador INC-OU-0065/2019-IUL.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso de alzada do procedemento correspondente ao expediente sancionador INC-OU-0065/2019-IUL.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da Subdirección Xeral de Prevención, sitas en San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, á súa elección, ben ante o xulgado do contencioso-administrativo na circunscrición en que a persoa demandante teña o seu domicilio, ben naquela en que se encontre a sede do órgano autor do acto orixinario impugnado.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2021

Nicolás Vázquez Iglesias
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural

ANEXO

Expediente: INC-OU-0065/2019-IUL.

Persoa interesada: 34530290E.

Acto de notificación: resolución de recurso de alzada.