Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2021 Páx. 11602

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2021, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifica o acordo de incoación de expediente sancionador en materia de transportes terrestres (expediente OU-00901-O-2020).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Ourense acordou a incoación do expediente sancionador número OU-00901-O-2020 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse o acordosde incoación ditado á persoa interesada.

Infórmase de que o expediente sancionador se atopa á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Ourense.

Outorgáselle un prazo quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Ourense, 10 de febreiro de 2021

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF

Denunciado

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

OU-00901-O-2020

7564-HFJ

35638175C

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

13.10.2020; 17.51.00; A-52; 247,0

Art. 141.25 en relación con 140.1 da LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros