De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puideran practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Polo anterior e despois de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación no BOE deste anuncio, ante a Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 10 de febreiro de 2021
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Interesado/a |
Nº expediente |
Acto que se notifica |
Concello |
53160393X |
IN635A 2020/113-1 |
Resolución |
Arteixo |
33288906V |
IN635B 2020/21-1 |
Resolución |
A Coruña |