Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2021 Páx. 11585

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS, CTC Peroleira II, no concello de Gondomar, de que é beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2020/084-4).

A instalación denominada LMTS, CTC Peroleira II, no concello de Gondomar, foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 3 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 2 de marzo de 2021, a partir das 12 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello de Gondomar.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que se deberán presentar nos seus predios, informándolles de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 2 de febreiro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

Anexo

LMTS, CTC Peroleira II (Gondomar)

Ref. catastral

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Nº apoio

M² solo

Ml sub.

M² subsolo

Concello

1

2213208NG2621S0000WJ

Peroleira

Agrario

Descoñecido

CT

12,96

14

37,4

Gondomar