Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2021 Páx. 11588

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 11 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de pagamento dos prezos xustos e xuros no expediente de expropiación IN661A 2011/20-1, no concello de Vimianzo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio, convócase todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada parque eólico Monte Tourado-Eixe, no concello de Vimianzo (expediente IN661A 2011/20-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas oficinas da casa do concello do citado municipio.

A Coruña, 11 de febreiro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN661A 2011/20-1.

Entidade beneficiaria: Naturgy Renovables, S.L.U.

Denominación da instalación: parque eólico Monte Tourado-Eixe.

Concello: Vimianzo.

Predios

Titularidade proposta

Data

Hora

48

Herdeiros de Manuel Caamaño

9.4.2021

10.00

176

Herdeiros de Manuel Ramos Mourelle

9.4.2021

10.35

38, 45, 67, 106, 107, 108, 163, 185, 196, 198 e 212

Descoñecida

9.4.2021

11.45