Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT enlace subestación Morás-CR Baiuca (15CNN9), no concello de Arteixo (expediente IN407A 2019/224-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 11 de febreiro de 2021
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2019/224-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMT enlace subestación Morás-CR Baiuca (15CNN9).
Concello: Arteixo.
Predios |
Lugar |
Titularidade proposta |
Data de ocupación |
3 e 4 |
Cornedo |
Descoñecida |
24.2.2021 |
6 |
Cambeses |
Descoñecida |
24.2.2021 |
7 e 10 |
Cova do Ouro |
Descoñecida |
24.2.2021 |
12 e 13 |
Viña |
Descoñecida |
24.2.2021 |