Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2021 Páx. 11590

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 11 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2020/99-1, no concello de Ortigueira.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada substitución CTC Couce das Taugas (15CV23) por CTI, no concello de Ortigueira (expediente IN407A 2020/99-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 11 de febreiro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/99-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: substitución CTC Couce das Taugas (15CV23) por CTI.

Concello: Ortigueira.

Predios

Lugar

Titularidade proposta

Data de ocupación

1

Fonte

Descoñecida

24.2.2021

3

Súa Casa

Descoñecida

24.2.2021