Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2021 Páx. 11613

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 11 de febreiro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, polo que se fai pública a notificación do expediente de suspensión condicional PSC-CO-0643/2019-COP e tres máis.

Intentada sen éxito a notificación persoal de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan no anexo a resolución relativa ao procedemento de solicitude de suspensión condicional que solicitaron no seu día.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, ante a Consellería do Mar, ou ben poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os prazos empezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. Os expedientes relacionados a seguir están á disposición dos interesados na Consellería do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, teléfono 881 99 71 77).

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2021

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-0643/2019-COP

76504925W

Resolución de remisión de suspensión condicional

Mercado municipal, r/ Galicia, 68, posto 19, 15960 Ribeira, A Coruña

PSC-CO-0652/2019-PPM

49200784N

Resolución de remisión de suspensión condicional

Rúa do Cantón, 34, 15117 Laxe, A Coruña

PSC-FE-0050/2020-PPM

76330503N

Resolución de suspensión condicional

Avda. Francisco Vizoso, 58, Franza, 15620 Mugardos, A Coruña

PSC-CO-0325/2019-PPM

76966625T

Resolución de denegación de suspensión condicional

Calzada da Igrexa, 58, Edif. Naranjo, 2, 1º A,15930 Boiro, A Coruña