Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2021 Páx. 11615

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 8 de febreiro de 2021, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Sur, polo que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador en materia de augas DH.D36.74479.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa titular do NIF/NIE 36011019B o acordo de incoación do expediente sancionador en materia de augas DH.D36.74479.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, o interesado poderá comparecer, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na rúa San Salvador, nº 2, 4º piso, 36204 Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado acordo e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 8 de febreiro de 2021

O xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Sur
P.S. (Resolución do 20.2.2017)
Alberto Bosquet Herreros
Xefe da Área de Autorizacións e Concesións
da Zona Hidrográfica Galicia Sur