Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2021 Páx. 11102

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO de notificación de sentenza (192/2020).

Eu, Anxo Gómez Santos, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, anuncio:

Que no presente procedemento seguido por instancia de Óscar Samoelle Abalde contra Rubén Rodríguez Tojo, Andrea Vilas Duro, foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 192/2020.

Vigo, 27 de outubro de 2020.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal que co número 617/2019 se seguen por instancia de Óscar Samoelle Abalde, representado pola procuradora María Auxiliadora Ruíz Sánchez e dirixido polo letrado Víctor Manuel Caride Comesaña, contra Rubén Rodríguez Tojo e Andrea Vilas Duro, declarados en situación de rebeldía procesual, os cales teñen por obxecto unha pretensión de desafiuzamento e de reclamación da rendas debidas dun contrato de aluguer de vivenda.

Decido:

Acoller totalmente a demanda interposta por Óscar Samoelle Abalde contra Rubén Rodríguez Tojo e Andrea Vilas Duro, e fago, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1º. Condeno Rubén Rodríguez Tojo e Andrea Vilas Duro a aboar a Óscar Samoelle Abalde a cantidade de 2.001,60 euros, que produce, contando desde a data da reclamación xudicial, o xuro legal dos cartos.

2º. Condeno Rubén Rodríguez Tojo e Andrea Vilas Duro a aboaren as custas procesuais.

Notifíquese esta sentencia ás partes, ás cales se lles fará saber que non é firme e que contra ela poderán interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días.

Así o acordo, mando e asino».

E atopándose os devanditos demandados Rubén Rodríguez Tojo e Andrea Vilas Duro, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto a fin de que lles sirva de notificación en forma.

Vigo, 27 de novembro de 2020