Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 2021 Páx. 10846

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

CÉDULA do 5 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social (RL 2020/0191-4 e un máis).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por esta cédula notifícaselles ás empresas que se relacionan as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores correspondentes.

Dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinaren as resolucións (que poñen fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, no Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, logo de cita no teléfono 986 81 70 11.

Expediente: RL 2020/0191-4.

Acta: I362019000105537.

Empresa: Joaquín Aibar Israel.

NIF: 08944005-H.

Enderezo: avenida Olímpica, 32, Móstoles; Madrid.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigo 3.2 e punto 4.1.2 número 4 do anexo II do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, e artigo 17 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2, 12.16, 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 20.1.2021.

Resolución: anular a acta de infracción núm. I362019000105537 sen prexuízo de que, se a infracción non prescribiu, a Inspección de Traballo e Seguridade Social poida expedir unha nova acta polos mesmos feitos.

Expediente: RL 2020/0192-4.

Acta: I362019000107456.

Empresa: Joaquín Aibar Israel.

NIF: 08944005-H.

Enderezo: avenida Olímpica, 32, Móstoles; Madrid.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 14, 15, 16, 18, 19 e 30 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2, 12.15.a) e 39 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 20.1.2021.

Resolución: anular a acta de infracción núm. I362019000107456 sen prexuízo de que, se a infracción non prescribiu, a Inspección de Traballo e Seguridade Social poida expedir unha nova acta polos mesmos feitos.

Fáiselles saber ás interesadas que poden formular recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 y 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 5 de febreiro de 2021

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra