Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 2021 Páx. 10845

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade O Cantiño, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 14/2011, do 16 de decembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, fago público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación dos estatutos sociais da entidade O Cantiño, S. Coop. Galega, pola modificación do seu enderezo (Rúa da Lamestra, 19, 2º A, 27880 Burela, provincia de Lugo).

Lugo, 4 de febreiro de 2021

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo