Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 2021 Páx. 10556

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ANUNCIO do 3 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, polo que se notifica o requirimento de documentación nun procedemento de autorización de construción de vivenda porque, tentada á notificación, non se puido efectuar (expediente 2164/2020).

O Servizo de Coordinación Cultural de Pontevedra requiriu o 21.12.2020 documentación adicional no procedemento de autorización de construción de vivenda, expediente 2164/2020. Tentada a notificación persoal deste requirimento non foi posible a súa práctica.

Mediante este anuncio, e segundo dispoñen os artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase á persoa interesada que se indica no anexo para ser notificada por comparecencia do acto cuxo contido se indica. A comparecencia que poderá realizar deberá efectuarse no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, na sede da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, 6º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, en Pontevedra.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no devandito taboleiro de edictos único. Transcorrido o prazo sinalado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo.

O que se notifica á persoa titular do establecemento referido no dito anexo, para que no prazo de 15 días poida efectuar as alegacións que considere pertinentes, podendo examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel, na Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de Pontevedra.

Comunicáselle que contra a resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Pontevedra, 3 de febreiro de 2021

A directora xeral de Patrimonio Cultural
P.D. (Resolución do 2.12.2020)
María José Echevarría Moreno
Xefa do Servizo de Coordinación Cultural

ANEXO

Procedemento: autorización de patrimonio.

DNI: 35486819G.

Acto notificado: requirimento de expediente 2164/2020.