Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 2021 Páx. 10558

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 3 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción na orde social 60/2020 e un máis.

Notifícaselles aos interesados, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución dos expedientes sancionadores que a seguir se relacionan, anexo, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día.

Contra a resolución dos expedientes de referencia, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Emprego e Igualdade (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela) a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e no artigo 23 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio (BOE do 3 de xuño), do Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións na orde social. O recurso interporase ante o órgano que ditou o acto ou ante o competente para resolvelo.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica, os interesados poderán comparecer no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Emprego e Economía Social desta xefatura territorial, sita na avenida de La Habana, 79, 7º de Ourense.

Ourense, 3 de febreiro de 2021

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expte.

Nº acta da infracción

NIF/CIF

Último domicilio coñecido

Data da resolución

Importe da sanción

60/2020

I322020000016860

B32351314

O Piñeiral de Arriba, 14, baixo, 32911 San Cibrao das Viñas (Ourense)

15.12.2020

626,00 €

81/2020

I322020000019991

46333197J

R/ Pura y Dora Vázquez, 9-1º, 32002 Ourense

15.12.2020

626,00 €