Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2021 Páx. 10234

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do proxecto do parque eólico Coto Redondo, sito nos concellos de Covelo e Fornelos de Montes, da provincia de Pontevedra (IN408A 2017/34).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o fondo de compensación ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal; e nas demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante: Coto Redondo, S.L.

Denominación do proxecto: parque eólico Coto Redondo.

Concellos afectados: Covelo e Fornelos de Montes (Pontevedra).

Potencia que se instalará: 32,4 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 8.

Potencia unitaria dos aeroxeradores: 4 MW (aeroxeradores 1 a 6) e 4,2 MW (aeroxeradores 7 e 8).

Produción neta anual estimada: 96.403 Mwh/ano.

Orzamento total (execución material): 20.894.316 €

Coordenadas da poligonal de delimitación:

Vértices

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Termo municipal

1

553.000,00

4.688.000,00

Fornelos de Montes

2

553.600,00

4.688.000,00

Covelo

3

553.600,00

4.687.100,00

Covelo

4

550.700,00

4.682.600,00

Covelo

5

549.500,00

4.682.600,00

Covelo

6

549.500,00

4.683.100,00

Covelo

7

550.650,00

4.683.900,00

Covelo

8

550.650,00

4.687.350,00

Fornelos de Montes

9

552.500,00

4.687.350,00

Fornelos de Montes

Coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Termo municipal

1

550.884,00

4.687.095,00

Fornelos de Montes

2

551.285,00

4.686.943,00

Fornelos de Montes

3

551.478,00

4.686.584,00

Fornelos de Montes

4

551.474,00

4.686.173,00

Fornelos de Montes

5

551.702,00

4.685.864,00

Covelo

6

551.687,00

4.685.268,00

Covelo

7

551.068,00

4.684.672,00

Covelo

8

551.061,00

4.684.115,00

Covelo

Coordenadas do centro de seccionamento e medida:

Centro de seccionamento e medida

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Termo municipal

Centro xeométrico

549.686,43

4.682.878,04

Covelo

Coordenadas da arqueta receptora en subestación colectora:

Arqueta receptora

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Termo municipal

Centro xeométrico

549.656,00

4.682.865,00

Covelo

Características técnicas recollidas no proxecto:

– 8 aeroxeradores modelo Vestas V136, de potencia nominal 4,0/4,2 MW, altura de buxa de 112 metros e diámetro de rotor de 136 m, cos seus centros de transformación situados no interior, con relación 0,720/30 kV e potencia aparente de 4.700 kVA.

– Rede eléctrica soterrada a 30 kV, dotada de tres circuítos de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e o centro de seccionamento e medida e dende este ata a subestación eléctrica colectora Lameiro 220/30 kV, con condutores tipo RHZ1 18/30 de diferentes seccións. A mesma gabia incluirá, ademais, cableado de terra de Cu de 50 mm2 e condutores de fibra óptica.

– Centro de seccionamento e medida que conterá os seguintes elementos: celas de media tensión 30 kV para medida, seccionamento e protección de liñas de entrada/saída de circuítos; cela de medida con transformador de intensidade e tensión; cela de servizos auxiliares; armario de contadores para medida; armario rectificador-cargador. Tensión de 220 V AC e 48 V DC; armario de servizos auxiliares; cadro de control; rack de comunicacións e sistema de posta á terra en anel, que estará conectada coa posta á terra de enlace do parque eólico.

O obxecto da información pública será o proxecto de execución das instalacións, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presentar as súas alegacións, no prazo de trinta (30) días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

Atendendo ás medidas preventivas fronte ao coronavirus COVID-19, a consulta da documentación realizarase preferentemente a través da seguinte ligazón da web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 39.

Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (avda. Mª Victoria Moreno, 43-5º. 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado, así como ás dependencias do concello de Covelo (praza do Mestre Cerviño, 2, 36872 Covelo, Pontevedra) e do concello de Fornelos de Montes (praza da Igrexa, 1, 36847 Fornelos de Montes, Pontevedra).

Pontevedra, 5 de febreiro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra