Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2021 Páx. 10237

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico Puza, localizado nos concellos de Avión e da Lama, promovido por Alto de Puza, S.L. (expediente IN408A 2020/15).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante/promotora: Alto de Puza, S.L.

Enderezo social: parque San Lázaro, 7, 1º, 32003 Ourense.

Denominación do proxecto: parque eólico Puza.

Concellos afectados: concellos de Avión (Ourense) e da Lama (Pontevedra).

Potencia que se vai instalar: 48 MW.

Produción neta anual estimada: 143.813 MWh/ano.

Orzamento de execución por contrata: 36.688.829 €

Localización (área de afección):

Vértices poligonal

Parque eólico Puza

ETRS89

X UTM H29

Y UTM H29

1

554.376

4.698.300

2

555.276

4.698.300

3

556.500

4.693.500

4

556.500

4.690.700

5

555.500

4.690.700

6

552.576

4.695.600

7

552.576

4.697.100

8

554.376

4.697.100

Aeroxeradores

Parque eólico Puza

ETRS89

Concellos

X UTM H29

Y UTM H29

1

554.623

4.698.097

Avión

2

555.062

4.696.893

Avión

3

555.204

4.696.493

Avión

4

554.665

4.695.676

A Lama

5

554.830

4.695.324

A Lama

6

555.608

4.694.963

Avión

7

555.731

4.694.574

Avión

8

555.908

4.694.206

Avión

9

555.861

4.693.639

A Lama

10

555.965

4.693.256

A Lama

11

556.028

4.692.853

A Lama

12

556.188

4.692.478

A Lama

Centro de seccionamento

e medida

Parque eólico Puza

ETRS89

Concello

X UTM H29

Y UTM H29

553.539,32

4.696.209,59

A Lama

As características técnicas principais das instalacións de xeración, transformación e interconexión do parque eólico son as seguintes:

• 12 aeroxeradores modelo Vestas V136 de 4 MW de potencia nominal unitaria cunha altura de buxa de 112 metros e cun diámetro de rotor de 136 metros.

• 12 centros de transformación, instalados unitariamente no interior de cada aeroxerador, formados por transformadores de 4.700 kVA de potencia aparente e relación de transformación 30/0,72 kV, celas de media tensión de 30 kV e os correspondentes equipamentos de protección, telemando e demais elementos auxiliares.

• Rede subterránea de media tensión (30 kV), con condutor tipo RHZ1 18/30 kV, para a evacuación da enerxía xerada e interconexión entre os centros de transformación 30/0,72 kV e a subestación colectora Suído 132/30 kV. Esta subestación colectora será obxecto da tramitación noutro expediente administrativo.

A conexión do parque eólico Puza coa subestación colectora Suído 132/30 kV materializarase mediante catro circuítos eléctricos subterráneos executados en gabia única e condutores RHZ1 18/30 3×(1×400) Al e RHZ1 18/30 3×(1×630) Al, con inicio no centro de seccionamento e medida do dito parque eólico e final na sala de celas de media tensión da citada subestación.

A arqueta receptora dos diferentes circuítos, pertencente á subestación colectora Suído 132/30 kV, localízase nas seguintes coordenadas:

Arqueta receptora SEC Suído

Coordenadas arqueta receptora na subestación colectora Subestación colectora Suído 132/30 kV

ETRS89

Concello

X UTM H29

Y UTM H29

553.540

4.696.222

A Lama

• Rede de terras xeral con condutor Cu-50 mm2.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co disposto no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e demais normas de aplicación, relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: o proxecto de execución, o estudo do impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía das xefaturas territoriais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Ourense (r/ Curros Enríquez, 1, 4º, 32071 Ourense) e de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º, 36071 Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa, respectivamente, no correo electrónico enerxia-minas.ceei.ourense@xunta.gal ou nos teléfonos 988 38 67 35/986 80 52 39, así como nos concellos de Avión (Ourense) e da Lama (Pontevedra), e tamén na Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico subdireccion.enerxia@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 45 79/981 54 55 73. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

A citada documentación estará tamén dispoñible, durante o mesmo prazo, nas dependencias das xefaturas territoriais de Ourense e de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, así como na Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que as persoas interesadas poidan examinar a documentación técnica e presentar as obxeccións ou alegacións que consideren oportunas, no prazo de 30 días contados a partir da última publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2021

Paula Uría Traba
Directora xeral de Planificación
Enerxética e Recursos Naturais