Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 2021 Páx. 9637

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 7/2021).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 7/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Hayat El Anzouk contra Grupo Ubi Bene, S.L. e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2021.

Parte dispositiva:

Dispoño despachar orde xeral de execución da Sentenza 218/2020, do 18 de novembro de 2020, ditada no procedemento ordinario 754/2017 a favor da parte executante, Hayat El Anzouk, fronte a Grupo Ubi Bene, S.L. e Fogasa, parte executada, por importe de 4.088,63 euros en concepto de principal (3.109,06 euros en concepto de salarios, 979,57 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) respecto da cantidade anterior), máis outros 408,86 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpoñer recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza. A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2021.

Parte dispositiva:

En orde para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada, Grupo Ubi Bene, S.L., co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 4.088,63 euros en concepto de principal (3.109,06 euros en concepto de salarios, 979,57 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 408,86 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, e ingrese o dito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco Santander, co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº de expediente xudicial 1589 0000 64 0007 21), con apercibimento de que, en caso de non cubrir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo de investigación a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Grupo Ubi Bene, S.L. co fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionada, cando menos, por desobediencia grave, no caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e de que se lle poderán impoñer tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer ante este órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente (artigo 188 da Lei reguladora da xurisdición social).

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Ubi Bene, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza