Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 2021 Páx. 9639

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de declaración de insolvencia (ETX 123/2020).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 123/2020, por instancia de Jesús Manuel del Puerto Mouriño contra a executada Silvia Fernández Santos, sobre reclamación de cantidade, ditouse o día 29 de xaneiro de 2021 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia parcial, por importe de 610,84 euros de principal, máis 311,57 euros en concepto de xuros de demora, máis 174,57 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza