Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 2021 Páx. 9640

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 557/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 557/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Pérez Martínez contra Logística Colegio Junior’s, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza o 17 de decembro de 2020, co número 244/2020, que literalmente di:

«Estimo parcialmente a demanda sobre despedimento formulada pola representación procesual da parte demandante fronte a Colegio Junior’s, S.L., e en consecuencia:

1. Declaro a improcedencia do despedimento da parte demandante, efectuado o 30 de xuño de 2020, con condena á empresa demandada a readmitir inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, á súa elección, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, se é o caso, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación da presente sentenza.

Esta opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado. Transcorrido o dito prazo, sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela, de 784,49 euros.

– En concepto de salarios de trámite para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 47,54 euros/día.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia TSXG, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Colegio Junior’s, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza