Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 2021 Páx. 9159

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cambados

EDICTO (PO 116/2018).

Ivanka Ferreiro Crespo, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cambados, mediante o presente edicto, anuncio:

No presente procedemento ordinario 116/2018, seguido por instancia de Marisco Malliño, S.L. fronte a Summermald-Produtos do Mar Unipessoal, Lda., ditouse Sentenza nº 112/2019, do 24 de decembro de 2019, cuxa resolución é a seguinte:

Resolvo:

Admito a demanda interposta por Marisco Malliño, S.L., representada polo procurador Jorge Suárez Garayo fronte a Summermald-Produtos do Mar Unipessoal, Lda., e debo condenar e condeno a demandada a lle aboar a cantidade de dez mil oitocentos trinta e seis euros (10.836 euros) máis os xuros legais. Todo iso con expresa imposición das custas á parte demandada.

Esta sentenza non é firme, contra ela pódese interpor recurso de apelación, ante a Audiencia Provincial, neste mesmo xulgado, no prazo de vinte días contados a partir do seguinte ao da súa notificación, por escrito, coa sinatura do letrado e procurador na forma prevista no artigo 458 da LAC.

Cambados, 27 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza