Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 2021 Páx. 9157

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (191/2020).

Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia), certifico que neste xulgado se tramitan os autos de referencia nos cales se ditou a seguinte

Sentenza núm. 315.

Vigo, 4 de decembro de 2020.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 191/2020, sobre disolución do matrimonio por divorcio, no cal actúa como demandante Antonio Arias Curto, representado polo procurador dos tribunais Pablo Acosta Padín e con asistencia letrada de Manuel Chao do Barro, contra Paula Alexandre Teixeiro, declarada en situación de rebeldía procesual, sobre a base dos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolvo:

Na demanda interposta polo procurador dos tribunais Sr. Acosta Padín, en nome e representación de Antón Arias Curto, contra Paula Alexandre Teixeiro, declarada en situación de rebeldía, admito esta e declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes á devandita declaración.

Non se fai unha especial imposición en canto ás custas.

Firme que for esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal e se deixe constancia de tal circunstancia nos autos.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

Así, por esta miña sentenza da cal se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lle sirva de notificación a Paula Alexandre Teixeiro, en paradoiro ignorado, expido e asino o presente edicto

Vigo, 14 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza