Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 2021 Páx. 9153

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1901/2020-M).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 1901/2020

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual (DOI) 900/2018 Xulgado do Social número 5 de Vigo

Recorrente: Juan Ignacio Rodríguez Cuervo

Avogado: Secundino Fernández Guisande

Recorridos: Fogasa, Ramiro Martínez, S.L., Dicarvi, S.A., Grupo Montiño Noroeste, S.L., A Landra do Carballo, S.L.

Avogados: letrado de Fogasa, Alberto Gallego Rivera, Alberto Gallego Rivera, Alberto Gallego Rivera (...)

Procuradora: (...), Paula Llorden Fernández-Cervera, Paula Llorden Fernández-Cervera, Paula Llorden Fernández-Cervera (...)

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1901/2020 desta sección, seguido por instancia de Juan Ignacio Rodríguez Cuervo contra Fogasa, Ramiro Martínez, S.L., Dicarvi, S.A., Grupo Montiño Noroeste, S.L. e A Landra do Carballo, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos.

Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Secundino Fernández Guisande, en nome e representación de Juan Ignacio Rodríguez Cuervo, contra a sentenza de data catro de decembro de dous mil dezanove, ditada polo Xulgado do Social número 5 dos de Vigo, en autos seguidos por instancia do recorrente fronte ás empresas Dicarvi, S.A., Grupo Montiño Noroeste, S.L., Ramiro Martínez, S.L. e A Landra do Carballo, S.L.U., nos cales foi citado como parte o Fondo de Garantía Salarial, sobre extinción de contrato por causas obxectivas, debemos confirmar e confirmamos a resolución impugnada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 220 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á Landra do Carballo, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza