Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2021 Páx. 8870

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 698/2018).

PO procedemento ordinario 698/2018

Demandante: Carlos Hernan Jaramillo Taborda

Graduado: Francisco Javier Castro Freire

Demandada: Orquesta La Nueva Phila, S.L.

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 698/2018 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Carlos Hernán Jaramillo Taborda contra a empresa Orquesta La Nueva Phila, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Decido:

Que estimando parcialmente a demanda interposta por Carlos Hernán Jaramillo Taborda contra Orquesta La Nueva Phila, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de 2.342,30 euros brutos en concepto de salarios devindicados polos días de prestación de servizos do período de febreiro a setembro de 2017, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade, devindicados desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para efectuar os actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificaciones neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos; será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Orquesta La Nueva Phila, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resoluciones que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza