Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2021 Páx. 8872

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 253/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 253/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pilar Beiro Pérez contra Juan Manuel Fragoso Gómez, Adolfo Fragoso Gómez, Adolfo Gómez y Otros, S.C. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2020.

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar os executados, Juan Manuel Fragoso Gómez, Adolfo Fragoso Gómez e Adolfo Gómez y Otros, S. C., en situación de insolvencia total por importe de 35.848,99 euros en concepto de principal (indemnización), máis outros 3.584,89 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se en diante se coñecen novos bens dos executados.

c) Unha vez que sexa firme esta resolución, inscríbase no rexistro correspondente.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente (artigo 188 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS).

A letrada da Administración de xustiza.

Para que sirva para efectos de publicidade a declaración de insolvencia de Juan Manuel Fragoso Gómez, Adolfo Fragoso Gómez e Adolfo Gómez y Otros, S. C., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza