Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2021 Páx. 8701

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vila de Cruces

ANUNCIO de información pública sobre o texto inicial do convenio urbanístico para a cesión de terreo correspondente á parcela 420, polígono 40, no polígono industrial do Camballón.

Negociado e subscrito con Yolanda Iglesias Iglesias, propietaria única, o texto inicial do convenio urbanístico para a cesión de terreo correspondente á parcela 420, polígono 40, sita no polígono industrial do Camballón, Vila de Cruces.

De conformidade co disposto no artigo 168 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, en relación cos artigos 400.2 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, 25.1 do texto refundido da Lei de solo e rehabilitación urbana, aprobado polo Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, e 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sométese a información pública durante o prazo dun mes contado desde a última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no xornal La Voz de Galicia.

Vila de Cruces, 18 de xaneiro de 2021

Luis Celso Taboada Sánchez
Alcalde