Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2021 Páx. 8702

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2021 pola que se dá publicidade dunha encarga de xestión, para o exercicio 2021, á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade a unha encarga de xestión para o exercicio 2021, da Fundación Cidade da Cultura de Galicia á empresa pública Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), coas seguintes características:

Actividade: realización de diversas actuacións de mantemento (roza e poda) do Bosque de Galicia e parque do Lago.

Natureza e alcance da xestión: esta encarga ten natureza intrasubxectiva, ao ter Seaga a consideración de medio propio da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Prazo de vixencia: a duración da encomenda estímase nun ano, de xaneiro a decembro do ano 2021.

Tarifas aplicables: prezos unitarios comprendidos no réxime de tarifas aprobado con data do 20 de agosto de 2013, a excepción dos prezos codificados como ST.04, ST.05, ST.12, ST.13, ST.15, ST.16, ST.18, ST.19, ST.34, ST.35, ST.36, ST.37, ST.38, ST.39, ST.40, ST.41, ST42, ST.43, ST.44, ST.45, ST.46, ST.48, ST.49, ST.55, ST.56, ST.57, ST.58, ST.59, ST.54, ST.53, ST.87, ST.63, ST.88, ST.70, ST.77, ST.78, ST.79, ST.90. Estes prezos foron creados a partir de prezos simples das tarifas correspondentes a elementos que se integran noutras unidades de obra aprobadas e/ou de mercado, segundo se recolle no punto 3.3 da instrución citada con anterioridade.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2021

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia