Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2021 Páx. 8697

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteceso

ANUNCIO de execución subsidiaria para a xestión da biomasa da parcela urbana con referencia catastral 9176943NH0887N0001PX, sita no lugar do Campo da Feira.

En cumprimento do establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e no artigo 4 da Ordenanza non fiscal reguladora da xestión da biomasa e distancias das plantacións do Concello de Ponteceso (BOP núm. 149, do 7 de agosto de 2018), intentada a notificación persoal e ao non poderse efectuar, notifícaselles, por medio deste anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, a Vaiben Cons, S.L. e Promociones e Inversiones Rivero y Graña, S.L., titulares en común da parcela urbana con referencia catastral 9176943NH0887N0001PX, sita no lugar do Campo da Feira, no concello de Ponteceso, a Resolución da Alcaldía 26/2021, ditada o día 18 de xaneiro, a cal resolve:

«Primeiro. Proceder á execución subsidiaria consonte a Resolución da Alcaldía 658/2020, do 7 de outubro de 2020, dos traballos de xestión da biomasa vexetal consistentes na roza para a eliminación do estrato herbáceo e arbustivo e na retirada das especies arbóreas sinaladas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, da parcela urbana con referencia catastral 9176943NH0887N0001PX, sita no lugar do Campo da Feira (Ponteceso) propiedade de Vaiben-Cons, S.L. e Promociones e Inversiones Rivero y Graña, S.L.

Segundo. Fixar os traballos relativos á execución subsidiaria descritos no punto primeiro para o décimo día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no BOE, que se encargará á empresa Servicios Forestales Juan Collazo.

Consonte o artigo 22.6 da Lei 3/2007, as persoas titulares dos terreos terán a obriga legal de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais recollidos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio, para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española, caso en que se deberá pedir a correspondente autorización xudicial para a entrada neles, se non se conta coa autorización do seu titular.

Terceiro.

1. Lembrarlles aos interesados, Vaiben-Cons, S.L. e Promociones e Inversiones Rivero y Graña, S.L., que deberán asumir o importe dos traballos da execución subsidiaria ao seu cargo, aprobada pola Resolución 658, do 7 de outubro de 2020, cuantificados provisionalmente polo importe de 1.170,68 euros, segundo o informe técnico do 16 de setembro de 2020, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez realizadas as actuacións.

2. Impoñerlles unha multa coercitiva a Vaiben-Cons, S.L. e a Promociones e Inversiones Rivero y Graña, S.L., polo importe de 300 €, polo incumprimento da orde de execución ditada na Resolución da Alcaldía núm. 658, do 7 de outubro de 2020, por non proceder á realización dos traballos de xestión da biomasa indicados.

Tanto a multa coercitiva imposta, considerada como ingreso de dereito público, como o importe dos traballos de execución subsidiaria deberán ingresalos no período voluntario na conta municipal seguinte:

Entidade bancaria: Abanca IBAN: ES96 2080 0033 2431 1000 0011.

De conformidade co establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, os prazos para o ingreso da débeda tributaria serán os seguintes:

“2. No caso de débedas tributarias resultantes de liquidacións efectuadas pola Administración, o pagamento en período voluntario deberase facer nos seguintes prazos:

a) Se a notificación da liquidación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de recepción da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

b) Se a notificación da liquidación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de recepción da notificación ata o día cinco do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte”.

No caso de falta de pagamento no prazo legal, iniciarase o período executivo e dará comezo o procedemento de prema, regulado no artigo 70 e seguintes do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, coa liquidación dos xuros de mora e recargas que legalmente correspondan.

Cuarto.

1. Incoar expediente sancionador a Vaiben-Cons, S.L. e a Promociones e Inversiones Rivero y Graña, S.L., propietarios da parcela con ref. catastral 9176943NH0887N0001PX, pola presunta comisión dunha infracción grave da Ordenanza municipal reguladora da xestión da biomasa e distancias das plantacións do Concello de Ponteceso (BOP núm. 149, do 7 de agosto de 2018), que se podería encadrar dentro do previsto no seu artigo 15, e sería de aplicación a tipificación recollida na súa alínea a): non proceder á xestión da biomasa cos criterios establecidos nesta ordenanza, unha vez notificada a súa obriga e despois de serlle notificada a valoración do seu custo, cando exista risco inminente de incendio para as vivendas e persoas. No caso de que haxa que retirar especies arbóreas prohibidas, adoptarase a medida cautelar de comiso das indicadas especies, as cales terán como destino a súa venda. Os importes obtidos deberanse aplicar a sufragar os gastos derivados da execución subsidiaria, ao abeiro do disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Polos feitos descritos proponse unha sanción de 601 €, consonte o artigo 17.1.b) da ordenanza.

2. Nomear como instrutora do expediente a funcionaria Mª José Sueiro Pose; resulta de aplicación o réxime de recusación previsto no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

3. Comunicar que o órgano competente para resolver o procedemento corresponde ao alcalde ou concelleiro en quen delegue, de acordo co disposto nos artigos 8 e 12 da ordenanza.

4. Indicar que os presuntos responsables poden recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, cos efectos previstos no artigo 85 da Lei 30/2015. Neste caso, poderase resolver o procedemento coa imposición da sanción que proceda.

O pagamento voluntario polo presunto responsable, en calquera momento anterior á resolución, implicará a terminación do procedemento, salvo no relativo á reposición da situación alterada ou a determinación da indemnización polos danos e perdas causados pola comisión da infracción.

O órgano competente para resolver aplicará unha redución do 50 % sobre o importe da sanción proposta. Porén, a súa efectividade estará condicionada á desistencia ou renuncia de calquera acción ou recurso en vía administrativa contra a sanción.

5. Outorgar a Vaiben-Cons, S.L. e a Promociones e Inversiones Rivero y Graña, S.L. un prazo de audiencia de dez (10) días hábiles, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da correspondente notificación e, para tal efecto, poñerlles de manifesto o expediente para que aleguen e presenten os documentos e xustificacións que xulguen pertinentes ao seu dereito. Poderán consultar o expediente administrativo instruído e obter as copias que consideren oportunas para os efectos dunha maior defensa dos seus intereses, de conformidade co previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Quinto. Notificarlles esta resolución ás persoas responsables e dar conta ao Pleno na vindeira sesión ordinaria que teña lugar».

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, os prazos deste procedemento administrativo computaranse desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE.

Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas responsables que o contido íntegro da resolución que se notifica, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas xerais do Concello de Ponteceso, situada na rúa do Concello, nº 18, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Contra o citado acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou o acto, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso administrativo competente, conforme o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Ponteceso, 20 de xaneiro de 2021

Xosé Lois García Carballido
Alcalde