Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2021 Páx. 8644

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (931/2019).

No procedemento de referencia ditouse a resolución con encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 1231/2020.

Ourense, 3 de decembro de 2020.

Luís Doval Pérez, maxistrado-xuíz de reforzo do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, viu os presentes autos, sobre garda, custodia e alimentos do fillo non matrimonial, promovidos por María Sol Montoya Montoya, representada polo procurador Ángel Soto, e asistida polo letrado Óscar Carballo Casal; contra Marco Paulo Martíns do Nascemento, en situación de rebeldía procesual; sendo parte o Ministerio Fiscal.

Decido.

Que estimando parcialmente a demanda formulada pola procuradora Mónica Vázquez Blanco, en nome e representación de María Sol Montoya Montoya fronte a Marco Paulo Martíns do Nascemento, acordo as seguintes medidas definitivas relativas ao menor I. M. M.:

1. Garda e custodia. Atribúese a garda e custodia en exclusiva do fillo menor á súa nai María Sol Montoya Montoya, correspondendo a patria potestade de forma conxunta por ambos os proxenitores.

A nai estará facultada para autorizar en exclusiva, sen necesidade do outro proxenitor, as cuestións relativas á escolarización e trámites administrativos que o requiran.

2. Réxime de visitas. Suspéndense as visitas e comunicacións do pai respecto do fillo menor.

3. Pensión de alimentos. O pai aboará en concepto de alimentos a favor do fillo menor a suma de 150 € mensuais. O referido importe actualizarase anualmente de conformidade co IPC ao termo de cada anualidade, e deberá ser ingresado dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que a nai designe para o efecto.

Así mesmo, ambos os proxenitores deberán satisfacer o 50 % dos gastos extraordinarios necesarios, debidamente acreditados e dos gastos extraordinarios non necesarios debidamente consensuados.

Non se efectúa expresa condena en custas.

Notifíquese ás partes esta sentenza, facéndolles saber que non é firme e contra esta cabe recurso de apelación, que deberán interpoñer ante este xulgado dentro os vinte días seguintes ao da súa notificación, para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Ourense, logo de consignación do depósito previsto en DÁA 15ª da LOPX.

Así o ordeno, mando e asino».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Marco Paulo Martíns do Nascimento, esténdese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 15 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza