Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2021 Páx. 8668

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 22 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade da resolución pola que se revisa a autorización ambiental integrada outorgada a Ingaroil, S.L.U. para a súa planta de almacenamento e de tratamento de residuos no concello das Somozas (A Coruña) (expediente 2018-IPPC-M-114).

De conformidade co disposto nos artigos 10.2 e 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: planta de almacenamento e de tratamento de residuos

Procedemento:

Revisión da autorización ambiental integrada

Titular: Ingaroil, S.L.U.

Núm. rexistro AAI: 2006/0142_NAA/IPPC_090

Localización: concello das Somozas (A Coruña)

Expediente: 2018-IPPC-M-114

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integradaou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático