Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2021 Páx. 8667

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro 2021, da Direción Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos 4187/2020 e 4189/2020, interpostos contra a Orde do 1 de xuño de 2020 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Guitiriz (Lugo).

Neste centro directivo recibíronse oficios da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación cos recursos contencioso-administrativos números 4187/2020 e 4189/2020, interpostos contra Orde do 1 de xuño de 2020 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Guitiriz, en que se solicita a remisión do expediente administrativo e o emprazamento dos interesados no expediente correspondente.

Para os efectos de cumprir o solicitado no oficio, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo acordou remitir o expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas nos procedementos, emprazándoas para que poidan comparecer como demandados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2021

Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo