Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2021 Páx. 8669

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 2 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2020104AM-LU por infracción en materia sanitaria.

O día 18 de decembro de 2020, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2020104AM-LU incoado á persoa que se sinala no anexo.

Intentouse a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, se lle notifica á persoa interesada o contido do referido acordo que figura como anexo.

Así mesmo, de acordo co disposto nos artigos 64.2.f) e 76 da Lei 39/2015, ten dereito a presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio. Lembráselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírteselle que, se non efectúa alegacións no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución, consonte o establecido no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 2 de febreiro de 2021

Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº expediente: 2020104AM-LU.

CIF da persoa interesada: B27475011.

Último enderezo coñecido: Vilei, 12, 27616 Sarria.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Tipificación provisional: unha infracción grave.

Sanción proposta: tres mil cinco euros con sete céntimos (3.005,07 €).