Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2021 Páx. 8671

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Senra-Cardama-Vilarromarís (Oroso-A Coruña) para seren notificados por comparecencia dunha modificación do acordo de concentración da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), propietarios da zona de concentración parcelaria de Senra-Cardama-Vilarromarís (Oroso-A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración que lles afecta.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para consultar o expediente poderá solicitar cita previa nas dependencias deste servizo, chamando ao teléfono 981 18 46 43, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2021

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesado

Acto notificado

Zona de concentración parcelaria

33028067K

Resolución modificación acordo

Senra Cardama-Villarromarís II (Oroso-A Coruña)

01652182T

Resolución modificación acordo

Senra Cardama-Villarromarís II (Oroso-A Coruña)