Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2021 Páx. 8672

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifican catro trámites de audiencia a uns afectados polo proceso de reestruturación parcelaria da zona de Godos (Caldas de Reis-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2021

Inés Santé Riveira
Directora xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Interesado/a

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

289978

Trámite de audiencia

Godos (Caldas de Reis-Pontevedra)

35412789B

Trámite de audiencia

Godos (Caldas de Reis-Pontevedra)

35414561N

Trámite de audiencia

Godos (Caldas de Reis-Pontevedra)

35395776H

Trámite de audiencia

Godos (Caldas de Reis-Pontevedra)