Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2021 Páx. 8673

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a Resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural do 31 de xullo de 2020 que modifica o acordo da zona de concentración parcelaria de Sasdónigas (Mondoñedo-Lugo).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser o domicilio descoñecido, notifícase ás persoas interesadas na relación adxunta, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), a resolución ditada no expediente da zona de concentración parcelaria de Sasdónigas (Mondoñedo-Lugo).

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto administrativo notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

As persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo, sitas na rolda da Muralla, 70, baixo primeiro, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do acto administrativo que se notifica e constancia de tal coñecemento.

Expediente: Resolución.

Acto notificado: Resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural do 31 de xullo de 2020 que modifica o acordo da zona de concentración parcelaria de Sasdónigas (Mondoñedo-Lugo).

Durante o prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, o interesado poderá interpoñer recurso de alzada ante a Consellería do Medio Rural, na forma legalmente prevista.

Dada a situación actual ocasionada pola COVID-19, a comparecencia solicitarase a través do teléfono 982 29 44 93.

Lugo, 22 de xaneiro de 2021

Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Número de titular

DNI/Nome

124

33795829C

140

33696774A

287

María Cristina Tojeiro Dias