Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2021 Páx. 8273

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO do 15 de xaneiro de 2021 de notificación de procedemento de execución subsidiaria relativo á xestión da biomasa (expediente 845/2020).

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración.

Ao non ser posible a práctica da comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión d biomasa.

Publícase o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que sirva de notificación á persoa interesada, para o cal se lle comunica que tanto a notificación como o expediente se atopan á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente, poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que, cando non poida determinarse a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infructuosa a notificación da comunicación, se efectuará mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia habilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa, repercutindo os custos ás persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia establece a obriga das persoas responsables de facilitaren os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Acto que se notifica: procedemento de execución subsidiaria (exp. 845/2020).

Interesado/a: 35241730A.

Custo da execución subsidiaria: 160,77 euros (IVE incluído).

Ref. catastral: 36043A030007250000JI (Pol. 30-Parc. 725).

Prazo: 1 mes.

Ponte Caldelas, 15 de xaneiro de 2021

Andrés Díaz Sobral
Alcalde