Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2021 Páx. 8272

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO de aprobación inicial da expropiación urbanística de terreos afectados pola modificación número 4 do Plan xeral de ordenación municipal de acondicionamento do contorno do elemento arqueolóxico Pedrafita ou Marco da Anta (Erboedo).

A Xunta de Goberno local, en sesión ordinaria do 30 de decembro de 2020, acordou aprobar inicialmente o expediente expropiatorio polo procedemento de taxación conxunta para os efectos da obtención dos terreos afectados pola modificacion puntual nº 4 do PXOM acondicionamento do contorno do elemento arqueolóxico Pedrafita ou Marco da Anta (Erboedo)

O proxecto de expropiación sométese a información publica polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte a publicación do presente anuncio, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular, no que atinxe á titularidade ou valoración dos respectivos dereitos..

A Laracha, 8 de xaneiro de 2021

José Manuel López Varela
Alcalde