Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2021 Páx. 8275

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontedeume

ANUNCIO de expropiación dos terreos particulares necesarios para a execución do proxecto de melloras no saneamento en Cabanas e Pontedeume. Fase I. Pontedeume (clave OH.315.1047).

O 28 de xaneiro de 2021, o Pleno do Concello de Pontedeume, en sesión ordinaria, acordou aprobar a relación de titulares, bens e dereitos afectados pola expropiación, logo das alegacións e recursos presentados, recoñecer a utilidade pública e urxente ocupación, e convocar os titulares dos bens e dereitos afectados polo procedemento expropiatorio, no Salón de Plenos do Concello de Pontedeume, o día 15 de marzo de 2021, na seguinte orde:

Ás 10.30 horas: Rosado Espada, Enrique (herdeiros).

Ás 11.00 horas: Bouza Vázquez, Jesús (herdeiros).

Co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación en que se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, xuntando os documentos acreditativos da súa titularidade e documento nacional de identidade. Poderanse facer acompañar á súa custa, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, en cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, convócase para o pagamento dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación, que terá lugar unha vez levantadas as actas previas á ocupación e habilitado o crédito oportuno, no lugar e na data que se indican:

Lugar: Salón de Plenos do Concello de Pontedeume.

Data: 16 de marzo de 2021, ás 10.30 horas, na seguinte orde:

Ás 10.30 horas: Rosado Espada, Enrique (herdeiros).

Ás 11.00 horas: Bouza Vázquez, Jesús (herdeiros).

No suposto de non ter presentado a acreditación da titularidade e a copia do DNI, así como no resto dos supostos previstos no artigo 51 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, consignarase o importe na Caixa Xeral de Depósitos.

Coincidindo co acto de pagamento, acordouse proceder ao levantamento da acta de ocupación correspondente, o que terá lugar en presenza dun representante da Administración expropiante e do alcalde presidente do Concello de Pontedeume ou da persoa en quen delegue, todo iso en cumprimento do artigo 55 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957.

Pontedeume, 1 de febreiro de 2021

Bernardo Fernández Piñeiro
Alcalde presidente

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Ref. catastral

Titular

Sup. expropiada

2

6969312NJ6066N

Rosado Espada, Enrique (herdeiros)

49 m2

3

6969313NJ6066N

Bouza Vázquez, Jesús (herdeiros)

657 m2