Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 8 de febreiro de 2021 Páx. 7866

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se fai pública a relación de convenios subscritos no terceiro cuadrimestre de 2020.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG número 30, do 15 de febreiro), faise pública a relación de convenios subscritos no terceiro cuadrimestre de 2019 por esta sociedade.

Título

Obxecto

Data da sinatura

Achega económica da sociedade

Convenio de colaboración mediante o cal a empresa imparte un programa de formación práctica integrado no Programa de Formación Empresarial FUAC.

Realización de prácticas na empresa durante un período determinado para cada programa formativo. O programa está dirixido a universitarios e a través del poderán acceder ao coñecemento práctico das técnicas e da metodoloxía de traballo da empresa actual, como complemento da súa formación teórica.

14 de novembro de 2020

38.847,24 €/ano, IVE incluído. Tres (3) bolsas máximo.

Convenio de cooperación entre o concello da lama e a sociedade galega do medio ambiente para a xestión da microplanta de transferencia integrada no punto limpo da dita localidade.

Regular a colaboración ente o Concello da Lama e Sogama para a xestión da microplanta de transferencia de titularidade municipal que se encontra dentro das instalacións do punto limpo da dita localidade e que ten a condición de bens de dominio público e servizo público.

12 de decembro de 2020

4,75 €/T, IVE excluído

Cerceda, 18 de xaneiro de 2021

Javier Domínguez Liño
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.