Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 8 de febreiro de 2021 Páx. 7867

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Serviretal, S. Coop. Galega

ANUNCIO de transformación de sociedade cooperativa en sociedade limitada.

De conformidade co disposto no artigo 84 da Lei 14/2011, do 16 de decembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, faise público que a asemblea de socios cooperativistas de Serviretal, Sociedade Cooperativa Galega, que tivo lugar o pasado día 1 de outubro de 2020, acordou por unanimidade transformala en sociedade de responsabilidade limitada; aprobou tamén o balance de transformación, os novos estatutos e fixou o capital social. Por tanto, a partir desa data, chamarase Talleres Aldín Motor, Sociedad Limitada.

O Porriño, 28 de xaneiro de 2021

José Manuel Aldín Mouriño
Administrador único