A Resolución da Alcaldía nº 6/2021, do 5 de xaneiro de 2021, aprobou a convocatoria e as bases específicas reguladoras do proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de persoal administrativo do Concello de Teo, mediante o sistema de oposición.
No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 9, do 15 de xaneiro de 2021, publicáronse integramente as bases da convocatoria.
Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo efectuaranse no taboleiro de anuncios da Corporación, na páxina web municipal e no Portal de transparencia do Concello de Teo www.teo.gal.
Teo, 15 de xaneiro de 2021
Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde