De conformidade co disposto no artigo 6 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia; no artigo 10 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei; no artigo 16.1.c) do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de réxime interno do Consello Escolar de Galicia, e atendendo á designación formalizada pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do catorce de xaneiro de dous mil vinte e un,
DISPOÑO:
Artigo 1. Cesamentos
Que cese Noa Díaz Varela como membro do Consello Escolar de Galicia, en representación da Administración local, proposta pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).
Artigo 2. Nomeamentos
Nomear membro do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas na Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, en representación da Administración local, proposto pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) a Rubén Prol Mariño.
Artigo 3. Duración do mandato
O mandato do novo membro será polo tempo que resta para completar o mandato da representatividade que desempeña.
Disposición derradeira única
O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, catorce de xaneiro de dous mil vinte e un
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade